domingo, 17 de decembro de 2017

Canalda: Rodamons + Le patrón Bunny

Lugar con denominación de orixe, "canaldistas" de nome e de apelido carácter, moito carácter, e exposición. Buscando novas experiencias e algo de sol achegámonos a esta, aparentemente, discreta muralla Toño e un servidor; recibiunos un conglomerado particular que non é moi habitual, talvez comparable co de Collegats, e un frío escandaloso que non nos deixou carburar en toda a vía... ao día seguinte acompañounos Lluís, activista canaldista number one, e como íamos co local pedimos unha rota para sufrir menos, non debe haber moitas así que nos levou a outra que tampouco era fácil... mais o mundo era distinto cun sol amoroso e un mar de nubes para dar envexa aos deuses
A Rodamonds é unha vía audaz que mira de frente a parede e cos seguros xustos para pasar sen que che saia a papilla, obra co selo Darder-Ballard na que haberá que ter sangue frio e xogar moito cos poucos seguros que meteremos. A chegada á R5 é unha cabronada para o segundo e a travesía ten unha corda de barco, facendo de pasamán, que parece que resiste (unha pena que non sacaran a rota de frente aínda que houbese que expandir algo). Os rápeles son vellos pero aceptables... se non coñecedes a baixada son aconsellables porque non está nada evidente. O bosquexo en rocaineu.
Le patrón Bunny é obra do noso anfitrión Lluis, para abrila en solitario e dese xeito hai que botarlle un par, excelente homenaxe a Bunny de buscarse a vida e aventurarse en terreo salvaxe, pode que algo máis humana que a anterior, aínda que con boa temperatura todo se ve mellor, pero non por iso menos comprometida. Bosquexo en romanticguerrer, blog onde podedes atopar múltiples bosquexos de Canalda.

Toño no L1 de Rodamons, 6b
O L3 ten un paso onde o estribo ben caralludo!! 6a/Ae
Agora no L4, 6a, hai que navegar!!
O L5 tiña carácter, 6a+/Ae, a chegada á reu era unha cabronada para o segundo.
A trave do L6, V+, Toño chegando á corda de barco "incorrupta" que nos axuda a pasar a fervenza.
Os rápeles, spits en estado latente!!
Preciosa parede modesta mais coraxosa. No desplome central vemos ca la Rita, onde se soian facer as trobadas... esperemos que Lluis se volva animar e regresen! sempre é unha boa desculpa para volver!
Lluis no L2 de Le patrón Bunny, V+/Ae
Toño sobre o mar de nubes, ao fondo, na liña entre árbores e nubes, vense como unhas xaulas enormes... son lugaren onde crían e entrenan falcóns! curioso!
Lluis, como bon anfitrión, atribuíuse o L3 porque abundaba o lique e a terra, 6a, un gentleman que diria Manquiña!
O L4 tiña unha saída moi bruta mais logo había unha placa fantástica, bo longo, 6b+/Ae
Os tres mataos da lama pillando cacho en ca la Rita, bonito lugar. Gracias amigos pola compañia e as escaladas!!


Ningún comentario:

Publicar un comentario