sábado, 29 de xullo de 2017

Ansó. Parede de Ur: Camille

Este val ten a maxia e a poesía da natureza, beleza para namorar e un montón de metros de rocha para xogar. A nosa rota lembra e homenaxea ao último oso autóctono da cordillera Pirenaica... Camille desapareceu, parece que morreu de vello, ao contrario da súa predecesora Cannelle. Lembro vela na prensa, morta pola senrazón humana, a última femia de oso pardo pirenaico morta a tiros, os humanos deberiamos repensarnos e reinventarnos porque non poderiamos facelo pior, para a natureza somos deuses caprichosos e egoístas co poder de destruír e destruírnos... uns salvaxes... uns sádicos sen valores nin respecto!
Camille é unha rota boísima, clásica do val por dereito, unha obra máis de Luzio Eguiguren e no seu estilo de apertura: solitario e semiequipado. A vía vai na procura das fendas e diedros dunha das partes máis bonitas desta parede, con bastantes seguros fixos mais haberá que porse as pilas cos friends e escalar entre seguros; o cuarto longo é a beleza, o diedro de continuidade que todo escalador/a debería degustar, nel precisaremos todos os seguros recomendados! Cómpre levar 15 cintas e friends ata o 3 (non fan falta os entaladores), se ides no verán tampouco debedes ter presa porque ata as 15h non dá sombra na parede, o descenso pode facerse rapelando pero acho que é moito máis seguro descer andando, alén de que non creo que se tarde máis, nós baixamos nunha hora, se só tedes un vehiculo haberá que facer 2 km de estrada polo que lle sumaremos 15/20mn. Bo bosquexo de Luichy en lanochedelloro
Toño comezando o L3, V+.
Comezando o L4, 6b+, longo de conti  realmente precioso.
Na parte superior do mesmo longo
O meu compi comezando a travesía do L5, IV+, atentos porque a primeira reunión que atopamos é de Harrimiña, a nosa queda algo máis á esquerda
Como imos falando e de risas fixemos a reu de Harrimiña e saimos por esa placa desplomada, algo rota e apretona, de segundo pareceume algo así coma 6c+?? (V+A0). A nosa vía vai polo diedro da esquerda.
A Harrimiña vaise á dereita, cando nos dimos conta de que iamos atoallaos... houbo que rectificar e mudar de diedro, na foto Toño lazando ramiñas para voltar á nosa rota!!!
Precioso o Tozal de Espelunga e, ao fondo, o Pilar de Ansó. Este val cada día gústame máis!!
Toño rematando o L7, 6b, moi bo longo cun final algo herboso como podedes ver!
O L8 parece de transición pero hai que falelo, IV+, con fendas onde meter a canón!
De vez en cando aínda asistimos ao "milagre das pedras florecidas"
Toño saíndo ao cumio, este último longo de 6b+ ten a guinda xusto na saída!

Ningún comentario:

Publicar un comentario