domingo, 3 de setembro de 2017

Granito francés na Dent d´Orlu: Ithaque

Coñecer novos lugares é fascinante porque os inicios sempre teñen algo máis de aventura, alén de que cómpre afinar a estratexia para non saír humillados, mais, como diría Isabel Allende, o éxito ou o fracaso non existen, son ilusións que creamos para cuantificalo todo... o que existe é o camiño, ese si é real e propio de cadaquén! Este lugar medio perdido do Pireneo francés resume tres características que me namoraron: longuísimo, técnico e alpino. Kilómetros de granito para degustar nun medio climatolóxicamente cambiante e bastante salvaxe, con baixadas complexas e estratexias a estudar dependendo da parede que escollamos. Desta vez a escapada foi de risas e amizades no zarrio de Julián, con Martin, Alex, Josele, Angel, e Juan... toda unha tropa!
A Ithaque é un rutón, os longos da parte superior son un pracer para os sentidos... se vos gusta o granito esta via é enormemente recomendable: técnica, difícil de ler a vista e bastante física. A nosa primeira idea era facer La Challengue, enlazando a Ithaque con L´Odysée e saír polo cumio... empresa longuísima para a que precisabamos deixar un coche na cara leste e evitarnos a baixada inmunda polo bosque (previsiblemente de noite e sen coñecer... vivac asegurado!). Como chegamos moi tarde ao aparcadoiro da cara sur rexeitamos a idea... o que aínda foi unha sorte porque, segundo nos decatamos despois, a empresa completa é longa e dura, xa nos chegou a Ithaque, que nos deixou suaves, como para meterlle outra similar por riba. Para facer La Challengue cómpre aclimatarse un pouco á zona e acostumarse aos palizóns, e mellor que a cordada sexa rápida porque son moitos longos bastante físicos e vante derrotando. O bosquexo en dúas partes cortesía de luichy. Tamén podedes ver o enorme artigo de Armand Ballart no Desnivel 175, aínda que actualmente hai algunha vía máis e outras foron reequipadas... máis info no CAF.
O bosque de acceso non é ningunha broma, he he, a parte final é case vertical e se caes non paras ata o fondo da barranca!!!
Martin nos primeiros longos tumbados da vía, ensamblamos algúns aínda que corría auga e algúns pasos estaban delicados.
Ángel tira millas por un V+ plaqueiro da parte inferior. O muro superior impresiona!!!
Por embaixo Josele e Álex séguennos... e máis abaixo Julián e Juan... todos pola mesma liña!! Un mundo enorme de granito!
Martín comeza a atacar o muro superior por un V+ que no bosquexo indica "desplome de hierba", ha ha, tiña que pasar por riba dese mato e era certo o de "desplome de herba".
Ángel e eu relaxados na reu... menos mal que o "desplome de herba" lle tocou a Martín porque a cousa soaba fatal!!
O L9 é unha fenda de 6b+ preciosa. O xogo muda aquí e a escalada convírtese en técnica e física. Soberbia!!!
Comezando o L10, outra marabilla de 6c+, co patrocinio de R-GRIP, he he.
No mesmo longo, un pequeno diedro cun paso cabrón tiroume... ao meu favor dicir que había unha planta no pior sitio para tocar os fociños, he he!!
No diedro do L11, concentrado no magnesio!
O mesmo diedro de 6b, outra gozada que ao final se puña cachondo!! Non hai máis fotos pero ainda nos quedaban varios longos, 6b+ de regletas, 6c/A0 de placa fina e dura e bastante obrigado, 6c+ cun teitiño técnico de granito con fenda cega, 6a+ técnico que na parte superior ten algo de terra e V+ por un diedro bastante sucio... a bicha era longa e apretona, ha ha, todo vantaxes!!
O descenso despois dos rápeles polo bosque ese... case pedia piolets para herbatracción!!! había temita!!!

Ningún comentario:

Publicar un comentario